Durante os últimos dous anos, fomos moitas as persoas que sumamos forza para impulsar o proxecto da Semente. Desenvolvemos diversas actividades socioculturais, que nos permitiron medrar como colectivo, espallar a nosa cultura e recadar fondos para podermos abrir un espazo diario de actividades.
Este outubro atinximos o noso obxectivo fundamental. O espazo da Semente abre as súas portas para acoller crianzas e familias cunha inquedanza común: unha educación en galego e respectuosa coas necesidades das nenas e nenos.
Para celebrarmos este momento tan ilusionante, queremos organizar unha festa como punto de encontro para toda a xente que acredita e aposta por este proxecto, fortalecendo a nosa rede social e agradecendo a colaboración de ducias de persoas nesta andaina.
É por isto que nos encantaría contar convosco o DOMINGO 25 DE OUTUBRO, a partir das 17: 00 horas no espazo da Semente (Antiga Escola de San Mateu, Narón) para partillar as seguintes actividades:
Contacontos
Merenda (chocolatada con doces)
Xogos en familia
e algunha sorpresiña máis!
E para iniciarmos cos folgos de todas, gostariamos de que poñades o voso grao e nos axudedes a construír un areeiro para as crianzas brincaren…
ANÍMATE A TRAER A TÚA SACA DE AREA!